Anuncios
Ticker de novas

Resulta ferido de consideración en Baiona tras sufrir un corte cunha motoserra

FOTO: SERGAS // Helicóptero do 061 no Álvaro Cunqueiro.

Un home resultou ferido de gravidade esta mañá despois de sufrir un corte coa motoserra que manexaba. O accidente ocorreu no lugar de Baredo, en Baiona, onde o home realizaba traballos -coa máquina- nun local da súa propiedade. Ao fío das 11:30 horas, persoal do 061 informaba ao 112 do suceso. Indicaban, ademais, que debido á gravidade das lesións ocasionadas, un helicóptero medicalizado se desprazaba ata o lugar. Dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, nada mais ter constancia, informou do suceso á Garda Civil, Policía Local e ao GES de Val Miñor. O ferido foi trasladado na aeronave ata o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Anuncios