A Asociación de Veciños Castro e Ladeira de Sabarís reclama de novo a apertura da Casa Rosa situada na Ramallosa. “Rematou o verán, o outono está á volta da esquina, comezamos as actividades e a Casa Rosa (agora marrón) segue pechada”.
“Agradecemos que, despois de tantos anos de reivindicación, a pobriña levara un lavado de cara. Pero o máis importante é que seguimos sen poder desfrutar dela. Segue pechada, e seguirá, sen actividades, sen cursos… convertérona nun mero escaparate. Se eles non queren, ou non poden, nós estaríamos encantados de xestionala”.
“Falaremos coa Xefa de Costas, xa que esta Casa é dominio do Servizo de Costas cedida no 2007 ao Concello de Baiona para fins culturais e lamentamos que os veciños non a poidan desfrutar xa que leva anos pechada”, remata Martín Otero, presidente desta asociación.

