A baionesa Silvia Marcote, subcampioa da Liga Galega 3D

Este sábado celebrouse a cuarta e última xornada de Liga Galega 3D no circuíto redondelán do club Meigarco. Un día caloroso pero con abundante asistencia, un total de 86 arqueiros incluíndo algúns do Principado de Asturias.

Os baioneses obtiveron bos resultados. Silvia Marcote foi segunda clasificada nesta cuarta tirada e subcampioa galega da Liga 3D sénior sendo cadete. En Sub-14 sen visor, Benjamín Carneiro foi terceiro na proba e cuarto na clasificación final da liga, realizando unha gran tirada, quedando Aarón Carneiro quinto no final de liga.

Excelente actuación tamén do tomiñés Adrián Millán, que gañou o Campionato de Liga 3D en categoría Sub-14 sen visor, e tamén do gondomareño Sergio Alonso cun quinto posto en sénior en arco espido, sendo este tamén cadete.

AdrianMillan,BenjaminCarneiro,AaronCarneiro