Nigrán dedica o sábado 11 de novembro á micoloxía cun obradoiro de cultivo de cogomelos

O Concello de Nigrán arranca o mes de novembro coa xa tradicional xornada dedicada á micoloxía. Así, o sábado 11 haberá no Auditorio Municipal un obradoiro de cultivo de cogomelos para o que é preciso apuntarse dende hoxe mesmo e ata o venres 10 na Oficina de Información Cidadá do Concello de 9:00 a 14:00 horas, as prazas se cubrirán por rigoroso orde de inscrición tendo sempre prioridade os empadroados no municipio. Trátase dunha actividade gratuíta organizada dende o Concello.

O obradoiro de cultivo será impartido por Manuel Domínguez Rey, educador e intérprete ambiental con gran experiencia neste eido. Os asistentes recibirán semente para o cultivo, substrato, recipientes e demais material complementario para poder levar a cabo o obradoiro.

Anuncios