Sin categoría

180 corredores participaron na XIX Marcha Cicloturista de Gondomar

Un total de 180 corredores participaron este domingo na XIX Marcha Cicloturista Concello de Gondomar, organizada polo Club Ciclista Gondomar e apadriñada nesta edición por Jacobo Ucha, Marina González, Gustavo Veloso, Álex Marque e Iván Raña.

Pasadas as 9:30 da mañá o pelotón partía desde a rúa Eduardo Iglesias, fronte ao Concello de Gondomar, para completar un percorrido de 106 km, pasando por Baiona, Oia, A Guarda, O Rosal, Tomiño, Alto de Tebra, San Antoniño, Tui, Monte Aloia, Morgadáns e Couso, finalizando na Alameda de Gondomar.

Unha vez finalizada a proba os participantes puideron gozar duns petiscos. Para pechar a xornada, o alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, a concelleira de Deportes, Nuria Lameiro, e a concelleira de Infraestruturas, Iria Lamas, foron os encargados de facer a entrega de trofeos aos corredores premiados nesta XIX edición.

Trofeos 3 primeiros en chegar do tramo libre Tebra-Monte Aloia:
1º David Gómez
2º Ubaldo Rodríguez
3º Juan Luis López de Guereño

1ª Aida García
2ª Lydia Adelin
3ª Susana Alonso

Trofeo ao club máis numeroso:
CC Illas Cíes

Trofeo ao club máis afastado:
Ciclismo Oiense (Oia)

Trofeo ao ciclista masculino de maior idade:
Manuel Cruces Prado

Trofeo ao ciclista masculino de menor idade:
David Villar Román

Trofeo á ciclista feminina de maior idade:
Lyudmyla Chub

Trofeo á ciclista feminina de menor idade:
Yoana Taboada

El pase de diapositivas requiere JavaScript.