Cursos gratuítos sobre nutrición e cociña no Centro Sociocomunitario de Baiona

O Centro Sociocomunitario de Baiona desenvolverá durante os meses de outubro a decembro deste ano cursos gratuítos sobre nutrición e cociña, nos que os asistentes poderán aprender a comer rico e san. Consiste nun método de redución alimentaria baseado no coaching nutricional, que ten como obxectivo a aprendizaxe e coñecemento das principais técnicas culinarias e as bases dunha alimentación equilibrada, creando autonomía no alumno a través de ferramentas e pautas, conseguindo así aforrar tempo e custos na cociña e podendo levar a cabo unha mellor alimentación de forma consciente adaptada ás súas necesidades, sempre co fin principal de potenciar a súa saúde. Os cursos estarán impartidos por Adrián Martíns, dietista, nutricionista e técnico en cociña e gastronomía. Máis información no Centro Sociocomuntario de Baiona ou en teléfono 886 110 123.