Sons do Val Reggaefest en Vilaza

O torreiro de festas da parroquia gondomareña de Vilaza acollerá este sábado 8 de setembro o Sons do Val Reggaefest, incluído no programa das festas da Virxe da Luz. Actuarán Ka Dub Meets Benny Freeman, a selección do colectivo United Dub of Galiza, George Palmer Live Dub, Bass Herri Soundsystem e Nu School Steppas Soundsystem. O after party correrá a cargo de Apedra Soundsystem. O evento, que comezará ás 17:00 horas e prolongarase ata ben entrada a madrugada, contará con zona de acampada. Todo gratuíto.