O GES corta unha das árbores de Santa Liberata tras sufrir un incendio

Unha das árbores da Praza de Santa Liberata, en Baiona, comezou a arder pasadas as 15:00 horas deste mércores. Membros do GES do Val Miñor desprazáronse ata lugar e despois de sufocar o incendio decidiron tallalo ante o risco de que se esborrallase. Segundo informou o alcalde, Ángel Rodal, descoñécense as causas do suceso. Nun primeiro momento barallouse a posibilidade de que fora provocado pola caída dun raio. Rodal indicou tamén que a Policía Local acordou a zona á espera de que operarios municipais retiren árbore este xoves.