Vincios celebra a súa sétima Festa do Socio e do Veciño

A Asociación de Veciños Galiñeiro de Vincios, coa colaboración da Concellería de Cultura de Gondomar, a Comunidade de Montes de Vincios e a Deputación de Pontevedra, organiza este domingo 9 de setembro a súa VII Festa do Socio e do Veciño na Casa Reitoral, se o tempo o permite.

O programa previsto é o seguinte:
11:00 h. Grupo de Acordeón da Asociación de Veciños “Galiñeiro” de Vincios
11:30 h. “Os Alegres do Val Miñor”
12:00 h. Grupo de Zumba da Asociación de Veciños “Galiñeiro” de Vincios
13:00 h. Agrupación Musical de Vincios

COMIDA DE CONVIVENCIA

16:00 h. “Os Escaravellos”
17:00 h. Grupo de Gaitas “Aires de Santes”, Grupo de Pandereteiras “Froleada” e Grupo de Baile “Froles do Galiñeiro” da Asociación de Veciños “Galiñeiro” de Vincios
18:00 h. Coro Tradicional “Cantares do Brión”
19:00 h. Grupo de Baile “LDanzia” da Asociación de Veciños “Galiñeiro” de Vincios
19:30 h. Grupo Treboada “Son Galego” xunto co Grupo de Gaitas “Castro da Pedra Moura” do Centro Cultural Souto Donas

Para participar na comida de convivencia é necesario levar mesa e cadeira. Ademais haberá inchable para nenos e nenas ata media tarde e comida á venda.

Anuncios