Vilaza celebra as festas da Virxe da Luz

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Procesión da Virxe da Luz en Vilaza.

A parroquia gondomareña de Vilaza celebra este fin de semana as festas na honra da Virxe da Luz. O venres 7 de setembro pola noite actuará o Trío Xtra. O sábado 8 ás 12:00 do mediodía comezará a Misa seguida de procesión acompañada pola charanga Nova Cubana, e pola tarde, a partir das 17:00 horas, celebrarase o Sons do Val Reggaefest, con Ka Dub Meets Benny Freeman, a selección do colectivo United Dub of Galiza, George Palmer Live Dub, Bass Herri Soundsystem e Nu School Steppas Soundsystem, ademais do after party a cargo de Apedra Soundsystem. O domingo 9 a partir das 16:00 horas terán lugar as cucañas e a continuación as tradicionais “poxas”.