Anuncios
Ticker de novas

O Panxón Nigrán FS comeza a tempada 2018/2019

Este luns o Panxón Nigrán FS comezou os adestramentos da tempada, na que o club continúa co seu principal obxectivo, impulsar o deporte, e en particular o fútbol sala, como medio para o desenvolvemento e diversión dos nenos e nenas. E para iso conta cun equipo de adestradores e monitores titulados, con experiencia contrastada, e un proxecto educativo (Escola de Valores e Hábitos Saudables) xa consolidado.

Na tempada 2017/2018, o Panxón Nigrán FS contou con sete categorías de formación con 97 nenos e nenas, con 8 equipos federados (79 fichas federativas), 290 socios, máis de 60 patrocinadores e socios colaboradores (empresas) e 6 entidades colaboradoras.

Para que todos os nenos e nenas teñan a oportunidade de probar a modalidade deportiva do Fútbol Sala, o club ofrece a posibilidade de asistir aos adestramentos de forma gratuíta e sen compromiso durante o mes de setembro. Para máis información chamar ao 654 16 88 76 (Ramón) ou enviar un correo electrónico a panxonnigranfs@gmail.com.

HORARIOS ADESTRAMENTOS 2018/2019

Minis (Escola FUTSAL Nigrán):
Nados/as en: 2014 e 2013
Adestramentos:
Martes de 18:00 a 19:00 (Pavillón CPI Panxón).
Xoves de 18:00 a 19:00 (Pavillón CPI Panxón).

Prebenxamín:
Nados/as en: 2012 e 2011
Adestramentos:
Martes de 18:00 a 19:30 (Pavillón CPI Panxón).
Xoves de 17:30 a 19:00 (Pavillón CPI Panxón).
Adestramento porteiros: Martes de 19:00 a 19:30 (Pavillón CPI Panxón).

Benxamín:
Nados/as en: 2010 e 2009
Adestramentos:
Luns de 18:00 a 19:30 (Pavillón Municipal).
Mércores de 18:00 a 19:30 (Pavillón Municipal).
Adestramento porteiros: Mércores de 19:00 a 20:30 (Pavillón CPI Panxón).

Alevín:
Nados/as en: 2008 e 2007
Adestramentos:
Alevín de 2007, mércores de 19:00 a 20:30 (Pavillón CPI Panxón) e venres de 17:30 a 19:00 (Pavillón Municipal).
Alevín de 2008, luns de 17:30 a 19:00 (Pavillón Municipal) e mércores de 17:30 a 19:00 (Pavillón Municipal).
Adestramento porteiros: Mércores de 19:00 a 20:30 (Pavillón CPI Panxón).

Infantil:
Nados/as en: 2006 e 2005
Adestramentos:
Martes de 19:30 a 21:00 (Pavillón CPI Panxón).
Xoves de 20:00 a 21:30 (Pavillón Municipal).
Adestramento porteiros: Venres de 19:00 a 20:30 (Pavillón Municipal).

Cadete:
Nacidos en: 2004 e 2003
Adestramentos:
Luns de 20:00 a 21:30 (Pavillón CPI Panxón).
Venres de 19:00 a 20:30 (Pavillón Municipal).
Adestramento porteiros: Venres de 19:00 a 20:30 (Pavillón Municipal).

Xuvenil:
Nacidos en: 2002, 2001 e 2000
Adestramentos:
Mércores de 20:30 a 22:00 (Pavillón CPI Panxón).
Venres de 20:30 a 22:00 (Pavillón CPI Panxón).
Adestramento porteiros: Venres de 19:00 a 20:30 (Pavillón Municipal).

Anuncios