Priegue celebra as festas do Bo Xesús da Paciencia

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Procesión do Bo Xesús da Paciencia en Priegue.

A parroquia nigranesa de Priegue celebra este fin de semana as festas na honra do Bo Xesús da Paciencia. O venres 31 de agosto haberá un pasarrúas a cargo dun grupo de gaitas. Ás 19:00 horas celebrarase unha Misa Rezada na honra de San Mamed, e pola noite, as orquestras Tango e Atlanta amenizarán a verbena.

O sábado 1 de setembro ás 10:30 da mañá a Banda de Música Agrupación Musical de Vincios ofrecerá un pasarrúas. Ás 12:00 do mediodía comezará a Misa Solemne na honra da Virxe do Carme, seguida de procesión acompañada pola mesma banda de música, que ofrecerá ao finalizar un concerto. Pola noite, as orquestras Compostela e Alabama amenizarán a verbena.

O domingo 2 ás 10:30 da mañá a Banda de Música de Taboadexa ofrecerá un pasarrúas. Ás 12:00 do mediodía celebrarase a Misa Solemne na honra do Bo Xesús da Paciencia, con posterior procesión acompañada pola mesma banda de música. Pola noite, as encargadas de amenizar a verbena serán a orquestra Saudade e o grupo Canela.

O luns 3 ás 12:00 do mediodía celebrarase unha Misa Solemne e ás 17:00 horas as grandes cucañas. Pola noite, a orquestra Solara e o grupo Fama amenizarán a verbena fin de festa.

Anuncios