Mañá venres, ás 20:30 horas no Centro Neural de Gondomar (onde a Policía Local), terá lugar unha asemblea aberta do Voluntariado Medioambiental do Concello de Gondomar, á que están convocados os máis de cen voluntarios inscritos, e por suposto quen queira participar de novas. O obxecto da mesma é planificar e acordar o novo curso medioambiental que xa comeza. “Para a Concellería de Medio Ambiente resulta fundamental a participación do voluntariado na toma de decisión e na planificación das actividades a desenvolver”, sinala Antonio Araújo.
ORDE DO DÍA:
- INFORMACIÓN DA SITUACIÓN ACTUAL.
- VIXILANCIA DOS MONTES MESES DE SETEMBRO/OUTUBRO (meses críticos, en coordinación coas CCMM, policía local, etc).
- SEGUNDA «ARRINCADA» DE EUCALIPTOS (en colaboración coas CCMM).
- PROXECTO RÍOS (limpeza de ríos o último domingo de setembro).
- ACTIVIDADES A REALIZAR: ANDAINAS, CHARLAS, PROXECCIÓNS, ETC.
- ROGOS E PREGUNTAS.
Dende a Concellería de Medio Ambiente animan a toda a veciñanza do Concello a participar neste voluntariado e nas actividades que se programen, polo seu interese e polo valor simbólico e de creación de consciencia medioambiental que teñen.

