Teatro do Ar estrea o xoves no Auditorio Municipal de Nigrán “Marionetas”

A compañía de teatro afeccionado Teatro do Ar estrea este xoves 30 de agosto ás 21:00 horas no Auditorio Municipal a obra “Marionetas”, escrita polo seu integrante Pedro Rodríguez. A entrada é de balde ata completar aforo. Trátase dunha historia de guerras e sorrisos perdidos e de despedidas. O Concello de Nigrán volve así a apostar por esta compañía formada por mozos do municipio hai 7 anos e que xa é unha habitual da oferta cultural municipal.