A actuación de Juan Muñoz (Cruz y Raya) non se cancela

FOTO: IÑAKI ALÁEZ // Juan Muñoz.

A Concellería de Cultura de Baiona informa que a actuación de Juan Muñoz (Cruz y Raya), prevista para esta noite a partir das 22:00 horas na Praza do Concello, non se cancela. En caso de choiva ás 21:30 trasladarase ao Auditorio V Centenario. Trátase dun espectáculo no que o humor e a música o son todo, un show que mantén a comedia e resucita os códigos do xénero, cos personaxes que evolucionaron desde a última vez que se lles viu pola tele, como Juan de Dios, o morito Juan ou o vello Ramón, xunto ás achegas musicais das imitacións de cantantes.