
A Concellería de Benestar Social do Concello de Gondomar organiza unha excursión para maiores de 55 anos do 15 ao 22 de outubro. Visitarán Níjar, o Parque Natural Cabo de Gata, Aguadulce, Lucainena de las Torres, Berja, Mojácar, Adra e Almería.
O prezo da viaxe, de 7 días e 6 noites, será de 360 €, incluíndo autocar gran turismo, hotel Playasol de 4 estrelas en Roquetas de Mar en réxime de pensión completa con servizos buffet e enimación nocturna, unha sesión de spa por persoa durante a estancia, guía acompañante, xantar en ruta á ida e o regreso e seguro de asistencia en viaxe.
O prezo non inclúe extras nos hoteis, suplemento por habitación individual e entradas a monumentos. A viaxe só se realizará cun mínimo de 45 persoas. A empresa resérvase o dereito de cambiar a orde do programa de viaxe en beneficio do propio cliente.
Os interesados poden reservar a súa praza do 1 ao 28 de setembro no Departamento de Benestar Social sito na Casa da Cultura de Gondomar. Data límite de pago 28 de setembro. Teléfono 986 36 01 68.