Gondomar pecha o ciclo “Cine na rúa” con “¡Canta!”

O Concello de Gondomar pecha este sábado 25 de agosto o ciclo “Cine na rúa”, incluído no programa “Cultura de Verán”. Ás 22:00 horas proxectarase a película “¡Canta!” no Parque Ponte de Rosas. Buster Moon é un elegante koala que rexenta un teatro que coñeceu tempos mellores. É un optimista nato, o que está moi ben se non fose un pouco caradura, pero ama ao seu teatro con paixón e é capaz de calquera cousa para salvalo. Sabe que o soño da súa vida está a piques de desaparecer, e só ten unha oportunidade para mantelo á boia: organizar un concurso de canto e conseguir que sexa un gran éxito. Entre os moitos candidatos aparecerán unha cerdiña ama de casa e outro porco moi animoso, unha porcoespín rockeira, un gorila bondadoso, un rato fachendoso e un elefante moi tímida.