Co fin de evitar problemas de seguridade e orde público que afecten á normal convivencia, a Xefatura da Policía Local do Concello de Baiona redactou un informe no que desaconsella a instalación dunha mesa informativa, entre a rúa Carabela Pinta e a praza do Pai Fernando, mañá, sábado 25 agosto, de 18:00 a 21:00 horas, cuxa finalidade era a de recoller firmas a favor da ILP Proposición de Lei de Liberdade de Elección Lingüística, promovida pola Asociación Hablamos Español. Debido aos antecedentes que se produciron recentemente noutras vilas da Comunidade Autónoma de Galicia non se pode garantir a seguridade no desenvolvemento da devandita actividade.
A Policía Local desaconsella a instalación dunha mesa informativa de “Hablamos Español” en Baiona

