Inauguración da exposición “30 anos de ghaitada” e teatro na VI Semana Cultural de Peitieiros

O Centro Cultural de Peitieiros continúa coa VI Semana Cultural coa que abre o XXV Festival Folclórico Internacional, que decorrerá o sábado 25 de agosto, ás 19:30 horas.

O xoves 23 ás 21:00 horas será inaugurada a exposición “30 anos de ghaitada”, elaborada polo grupo de música tradicional Xistra de Coruxo e coa que celebra a súa traxectoria que xa chega aos 30 anos.

Ás 22:00 horas a compañía Trasluz teatro poñerá en escena ao aire libre a obra “Piollosos”, interpretada por Pablo Carrera e Aldán Dacosta, veciño de Peitieiros. Esta peza está dirixida por Nando Llera. “Piollosos”, “un espectáculo que traspasa paredes para transmitir unha mensaxe de amor polo teatro” percorreu Galicia con máis de vinte representacións.

A VI Semana cultural remata o venres 23 cos Cantos de Taberna que serán a antesala do XXV Festival Folclórico que conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra, do Concello de Gondomar, do IEM, de Xistra e da Comunidade de Montes de Peitieiros.

Anuncios