Anuncios
Ticker de novas

Aínda quedan prazas para participar no XVII Torneo de Pas-Praia de Baiona

O vindeiro sábado día 25 de agosto, a Concellería de Deportes e Actividades Marítimas do Concello de Baiona organiza a XVII edición do Torneo de Pas-Praia, na Ribeira a partir das 10:00 horas, modalidade que ano tras ano arrastra unha chea de seguidores. O Torneo desenvólvese na modalidade de parellas e cunhas normativas adaptadas e deseñadas desde a organización, pretendendo mesturar varios deportes de raqueta, como o tenis, bádminton e por suposto as pas, esperando ofrecer unha alternativa de lecer nova e rechamante, onde teñan cabida todas as persoas que teñan como obxectivo a diversión e o deporte.

Neste momento aínda hai prazas dispoñibles. O torneo xogarase en 3 pistas adaptadas á devandita modalidade deportiva na Praia da Ribeira repartidos en grupos, o que garante un mínimo de partidos a cada unha delas. As 2 mellores parellas de cada grupo pasarán á fase final sendo estas as que tras enfrontamentos directos resolverase cos gañadores desta edición do 2018. Os partidos clasificatorios xogaranse a 1 set de 15 puntos e os da fase final ao mellor de 2 set de 10 puntos.

Para a celebración do Torneo cóntase coa colaboración de Villa Rosa Baiona, Coca-Cola e laCaixa, que co Concello de Baiona garanten os trofeos e premios para todos os participantes nesta décimo sétima edición. As inscricións pódense realizar no Pavillón de Deportes Municipal, a través do correo electrónico deportes@baiona.org ou chamando ao teléfono 986 356 558.

Anuncios