Anuncios
Ticker de novas

Festas na honra de San Roque en Camos

FOTO: PEPE COSTAS // Procesión de San Roque en Camos.

A parroquia nigranesa de Camos celebra desde o 22 ata o 25 de agosto as festas na honra de San Roque.

O mércores 22 ás 10:00 da mañá haberá un pasarrúas a cargo da Banda de Música de Taboexa. Ás 12:00 do mediodía celebrarase unha Misa Solemne na honra de Santa Lucía seguida de procesión acompañada pola mesma banda de música, que ofrecerá a continuación un concerto. Pola noite, a verbena está amenizada pola orquestra La Dimensión e o grupo La Última Legión.

O xoves 23 ás 10:00 da mañá haberá un pasarrúas a cargo da Banda de Música Agrupación Musical de Belesar. Ás 12:00 do mediodía celebrarase unha Misa Solemne na honra de San Mamed seguida de procesión acompañada pola mesma banda de música, que ofrecerá un concerto a continuación. Pola noite, a verbena correrá a cargo das orquestras Saudade e Graffiti.

O venres 24 ás 10:00 da mañá haberá un pasarrúas a cargo da Banda de Música Unión Musical de Guláns. Ás 12:00 do mediodía celebrarase unha Misa Solemne na honra de San Roque seguida de procesión acompañada pola mesma banda de música, que ofrecerá a continuación un concerto. Ás 18:00 horas comezarán as Grandes Cucañas e ás 21:30 horas actuará de novo a Banda de Música. Pola noite, a orquestra Israel e o grupo Kosmos amenizarán a verbena.

O sábado 25 ás 10:00 da mañá haberá un pasarrúas a cargo da Banda de Gaitas Lembranzas da Terra de Guillarei. Ás 12:00 do mediodía celebrarase unha Misa Solemne na honra de María Auxiliadora seguida de procesión acompañada pola mesma banda de música. A continuación a Comisión de Festas dará un Aperitivo de Mexillóns. Ás 18:00 horas terán lugar as Grandes Poxas e pola noite, a verbena fin de festa incluirá as actuacións da orquestra Tango e o grupo Alcázar.

Anuncios