Anuncios
Ticker de novas

Tonichi e Pacheco ofrecen un concerto en Sabarís

O dúo Tonichi e Pacheco ofrecerá este sábado 18 de agosto un concerto na Praza Victoria Cadaval de Sabarís, a partir das 21:30 horas, dentro da programación cultural e de lecer Baiverán 2018 organizada pola Concellería de Cultura de Baiona. O seu espectáculo conta cunha parte instrumental, na que deixan clara a súa calidade musical con temas dos grandes guitarristas de sempre, como Django Reinhardt e Paco de Lucía, ou clásicos tradicionais como Zorba o Grego e Lles Yeux Noirs. E outra parte cantada, na que o espectáculo crece aínda máis en intensidade e festa, con moitos temas coñecidos por todos, nos que o público se implica rapidamente. Flamenco, Jazz, Bossa Nova, Manouche, Rumba, Rancheiras…

Anuncios