Peitieiros inicia o luns a VI Semana Cultural coa que abre o XXV Festival Folclórico Internacional

O Centro Cultural de Peitieiros inicia este luns 20 de agosto a VI Semana Cultural coa que abre o XXV Festival Folclórico Internacional, que terá lugar o vindeiro sábado 25 de agosto, ás 19:30 horas. Cinco xornadas de actividades culturais gratuítas que se desenvolverán en Peitieiros.

Neste ano en que se celebra o 25 aniversario do grupo Ecos e Agarimos, o CCV de Peitieiros decidiu iniciar a semana cultural dedicando dous días a mostrar o grupo desde dentro. Para iso, están convocados, ás 20:00 horas no adro de Peitieiros, dúas sesións de ensaio abertas, o luns 20 centrada na actividade de baile e o martes 21 na de gaita e percusión.

Programa de mércores a venres

O mércores 22 xeira coorganizada co IEM sobre a toponimia do monte de Peitieiros: Polos cumes de Peitieiros. A paisaxe nomeada, guiada por Xosé Lois Vilar. Punto de encontro ás 19:00 horas no alto de San Antoniño.

O xoves 23 ás 21:00 horas será inaugurada a exposición “30 anos de ghaitada”. Ás 22:00 horas a compañía Trasluz teatro poñerá en escena ao aire libre a obra “Piollosos”, interpretada por Pablo Carrera e Aldán Dacosta.

O venres 24 ás 22:00 horas decorrerán os Cantos de taberna, co Grupo de canto tradicional do CCV de Peitieiros e o Grupo Mistura de Vigo.

E o sábado 25, a partir das 19:30 horas, o XXV Festival Folclórico Internacional.