Anuncios
Ticker de novas

Dous feridos en Gondomar por un choque entre tres vehículos

Sobre as 20:15 horas da tarde pasada, o CIAE recibía a alerta dun particular que informaba dun accidente no termo municipal de Gondomar, á altura do supermercado Froiz. Neste caso tratouse dun choque por alcance entre tres vehículos. Nun primeiro momento, segundo o alertante, non parecía que houbese persoas feridas pero, finalmente, dúas persoas precisaron ser evacuadas. Ademais, un menor que viaxaba nun dos turismos implicados tivo que ser atendido no mesmo lugar dos feitos polos técnicos sanitarios ao sufrir unha crise nerviosa. Nada mais recibir o aviso, o 112 Galicia informou á Policía Local, ao 061-Urxencias Sanitarias e aos efectivos de Protección Civil. Tamén, os membros do GES de Val Miñor foron informados do accidente.

Anuncios