Anuncios
Ticker de novas

Baiona celebra o XVI Torneo de Pesca Infantil cun centenar de nenos e nenas

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // XVI Torneo de Pesca Deportiva Infantil de Baiona.

Este venres celebrouse a XVI edición do Torneo de Pesca Deportiva Infantil “Vila de Baiona” Gran Torneo laCaixa-Villa Rosa, organizado polas Concellerías de Deportes e Actividades Marítimas. Desenvolveuse no porto pesqueiro coa participación dun centenar de nenos e nenas repartidos nas categorías Sub 8, Sub 12 e Sub 16, concentrando ademais a gran cantidade de curiosos nunha tarde moi asollada e propicia para o desenvolvemento do concurso.

Durante o transcurso do evento, os participantes estiveron arroupados por José Castro, monitor da Escola Municipal de Pesca, Raúl Costas, concelleiro de Actividades Marítimas, e Ánhgel Rodal, alcalde de Baiona, que pecharon o concurso coa entrega de premios e agasallos.

CATEGORÍA SUB 8:
1º – DANIELA GONZÁLEZ – 620 puntos.
2º – MARTÍN AGRA – 220 puntos.
3º – ANDRÉ GONZÁLEZ – 100 puntos.

CATEGORÍA SUB 12:
1º – ALEJANDRO BOUZADA – 5.660 puntos.
2º – EDGAR MARTÍNEZ – 1.100 puntos.
3º – ANTÓN FREIRÍA – 920 puntos.

CATEGORÍA SUB 16:
1º – MANUEL BLACH – 1.760 puntos.
2º – LOIS SÁNCHEZ – 1.680 puntos.
3º – ROI SÁNCHEZ – 760 puntos.

PEZA MAIOR DO TORNEO:
1º – ALEJANDRO BOUZADA – 1.120 puntos.

MAIOR NÚMERO DE PEZAS:
1º – GLORIA CALERO – 19 piezas.

CAMPIÓN ABSOLUTO DO TORNEO:
1º – ALEJANDRO BOUZADA5 – 5.660 puntos.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Anuncios