Anuncios
Ticker de novas

“A gata con zocos” chega a Gondomar acompañada pola Banda de Música de Vincios

O Parque das Ánimas de Gondomar acollerá este sábado 18 de agosto a partir das 22:00 horas o espectáculo “A gata con zocos”, nova produción da compañía A Cova das letras. Trátase dunha comedia musical creada para banda de música na que se revisa o conto tradicional “O gato con botas”. Interpretada por Anxo García Fernández, Cristina Collazo e Manuel Paino, nesta ocasión será representada xunto coa Banda de Música Agrupación Musical de Vincios.

Recuperando a figura orixinal da gata, o Herdeiro recibe do seu defunto pai un circo en bancarrota. Os artistas e músicos abandonan ao Herdeiro porque non lles paga. Don Casio reclama tamén a hipoteca do circo. A gata, máxica por calzar uns zocos, converterá ao Herdeiro no Marqués de Carabás… así será como os músicos e artistas, enfeitizados, regresan ao circo e a débeda quedará anulada. A entrada é gratuíta.

Anuncios