Anuncios
Ticker de novas

Inscricións abertas para o XII Torneo de Volei Praia 3×3 de Patos

O vindeiro sábado 25 de agosto celebrarase a XII edición do Torneo de Volei Praia 3×3 na Praia de Patos, en Nigrán. Trátase dun torneo 3×3 amateur, familiar e para xogar en amigos, co obxectivo de pasar un bo día. As inscricións están abertas ata o mércores 22 a través do correo electrónico voleypatos@outlook.com ou vía WhatsApp no teléfono 666 181 848. Poden anotarse ata catro xogadores por equipo.

Anuncios