Anuncios
Ticker de novas

O baionés Brais Gómez, convocado coa selección júnior para a III Vuelta Ribera del Duero

FOTO: MARIO FERNÁNDEZ/DIEGO PÉREZ // Selección Galicia Júnior.

Do 16 ao 19 de agosto celebrarase a III Volta Ribera del Duero Júnior. O seleccionador de Galicia, Guillermo Sande, chamou para esta proba aos ciclistas: Jorge Suárez Fernández (Cidade de Lugo), Brais Gómez Cima (Ponteareas), Adrián Giráldez Rodríguez (Ponteareas), Martín Soutullo Trigo (Carballo a un paso), Uxio Sanmartín Domínguez (Cortizo Anova) e Manuel Sanpedro García (Cambre Caeiro).

A III edición da Volta Ciclista Júnior á Ribera del Duero disputarase en catro etapas. O xoves 16 darase a saída nas adegas Portia de Gumiel de Izan nunha contrarreloxo por equipos de 19,7 quilómetros ata Quintana del Pidio. O venres 17 Aranda e San Esteban de Gormaz (91,2 km). A xornada do sábado discorrerá entre La Horra e Pedrosa del Duero e 93,1 quilómetros. O domingo poñerase fin á Volta coa etapa máis longa de 114 quilómetros e saída e meta en Aranda de Duero,

Cun trazado do máis variado e no que abunda o terreo sinuoso, os corredores terán que completar un total de 318 quilómetros antes de cruzar a última liña de meta poder optar aos seis camisolas en disputa: xeral por tempos, xeral por puntos, montaña, metas volantes, sprints especiais e o premio ao mellor castelán leonés.

En total tomarán parte 162 corredores repartidos de 27 equipos, entre eles tres conxuntos estranxeiros e unha selección española feminina.

Anuncios