“Ocio para todos” na Praia da Ladeira

Alumnos e alumnas do Centro Juan María e outros participantes do campamento de verán de Baiona gozaron onte dunha xornada de lecer e distensión na contorna da Praia da Ladeira. Divertíronse realizando paseos en bicicleta e karts de “La Pedalería” e realizaron outras actividades no areal.

A xornada está enmarcada dentro do Programa do Campamento de verán “Ocio para todos” co que o Concello de Baiona colabora economicamente desde hai varios anos para dar resposta á atención de persoas con discapacidade intelectual da comarca durante a época estival contribuíndo así a facilitar a conciliación das familias.

Ata o lugar desprazouse a Concelleira de Benestar Social, Mª Carmen Paredes, que puido comprobar de primeira man o divertido e positivo da xornada para estas persoas. Neste sentido felicitou ás profesionais que levan a cabo tales actividades grazas á implicación que mostran desde un compromiso non só técnico e profesional senón tamén vocacional e persoal.

Anuncios