“Piratas del Caribe: la venganza de Salazar”, este martes en Sabarís

Este martes 14 de agosto continúa o ciclo “Cine na Praza”, incluído na programación cultural e de lecer Baiverán 2018 organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Baiona. Ás 23:00 horas proxectarase a película “Piratas del Caribe: la venganza de Salazar” na Praza Victoria Cadaval de Sabarís.

O capitán Jack Sparrow enfrontarase a un grupo de piratas-pantasma comandados por unha das súas vellas némesis, o terrorífico capitán Salazar, recentemente escapado do Triángulo das Bermudas. A única posibilidade de Sparrow para saír con vida é atopar o lendario Tridente de Poseidón, un poderoso artefacto que lle dá ao seu posuidor o control dos mares.