Anuncios
Ticker de novas

O CP Alertanavia leva o Trofeo Vila de Gondomar

O campo municipal de As Gaiandas acolleu este domingo o Trofeo Vila de Gondomar, no que o Gondomar Club de Fútbol enfrontouse ao Club Polideportivo Alertanavia. O equipo vigués fíxose coa vitoria tras remontar un 2-0 despois dunha gran primeira parte dos locais. Ao finalizar o encontro, cun resultado de 3-5, o alcalde, Paco Ferreira, entregou o Trofeo ao capitán do equipo olívico. Antes do partido, xogadores, afección e directiva renderon homenaxe a Rubén de Lis, autor do himno do centenario do club. Acompañado polo seu fillo, pasou por un corredor ata facer o saque de honra, previo a pousar cos dous equipos.

 

Anuncios