Anuncios
Ticker de novas

Festas de San Roque en Morgadáns

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Procesión de San Roque en Morgadáns.

A parroquia gondomareña de Morgadáns celebra do 15 ao 17 de agosto as festas na honra de San Roque. O mércores 15 a verbena estará amenizada polo grupo Acirema e a orquestra Anduriña.

O xoves 16 haberá Misas cada 45 minutos desde as 8:00 da mañá. Ás 12:30 celebrarase a Solemne seguida de procesión acompañada pola Banda de Música Unión de Guláns, que ofrecerá un concerto a continuación. A partir das 22:00 horas, a Banda de Música Unión de Guláns e a orquestra Miramar amenizarán a verbena.

O venres 17 a programación comezará ás 10:00 da mañá co tradicional percorrido do tractor pola parroquia. Ás 16:30 horas celebraranse as tradicionais cucañas. Pola noite, a verbena correrá a cargo do grupo Ritmo e o trío Lasser.

A Parranda de San Pedro non faltará á cita

A Parranda de San Pedro partirá o xoves ás 9:00 da mañá desde A Ramallosa acompañada todo o camiño por unha charanga con destino á Capela de San Roque, onde se prevé a súa chegada ás 11:00, tras o encontro coa banda de música no centro de Gondomar. Todos os que completen a camiñada levando a camiseta oficial de poderán repoñer forzas cun anaco de empanada.

Anuncios