Anuncios
Ticker de novas

A Festa do Polbo e o I Festival de Música Emerxente abren as festas das Angustias en Nigrán

FOTO: PEPE COSTAS // Procesión da Virxe das Angustias en Nigrán.

A Festa do Polbo abre este mércores 15 de agosto as festas na honra da Virxe das Angustias en Nigrán. Desde as 11:00 da mañá poderase degustar o típico molusco no Torreiro de Festas mentres o grupo de gaiteiros Os Tutantes de Baiona ameniza o evento. O xoves 16 a partir das 22:00 horas celebrarase na chaira da Igrexa das Angustias o I Festival de Música Emerxente, coa actuación de Atlantic, Blue Monk e Hot Road.

O venres 17 ás 19:00 horas celebrarase unha Misa Solemne na honra da Nosa Señora de Luján seguida de procesión. Ás 20:00 horas farán a súa entrada os xigantes e cabezudos con gran tirada de lumes e pola noite, a verbena estará amenizada polas orquestras Gran Casino e Magos.

O sábado 18 ás 12:00 do mediodía comezará a Misa Solemne na honra de San Campio, seguida de procesión. Pola noite, a orquestra Nevada Band e o grupo Noche de Estrellas amenizarán a verbena.

O domingo 19 ás 12:00 horas celebrarase unha Misa Solemne na honra da Virxe das Angustias, seguida de procesión acompañada pola Banda de Música Unión Musical de Guláns. Pola noite amenizarán a verbena nocturna a orquestra La Ola ADN e o grupo Aramio.

O luns 20 ás 12:00 do mediodía comezará a Misa Solemne na honra da Nosa Señora do Socorro dos Aflixidos. Pola tarde, desde as 18:00 horas, celebrarase a Festa do Neno.

Actos relixiosos

Haberá Misas Rezadas o sábado 18 e o domingo 19 ás 10:00 da mañá e o sábado 18 tamén Misa Vespertina ás 20:00 horas.

Anuncios