Anuncios
Ticker de novas

Iván Docampo e Leticia Fernández impóñense na VIII Nigrán Area

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Saída da proba absoluta da Nigrán Area.

Praia América e Panxón volveron este sábado a ser o escenario dunha das carreiras máis señeiras do verán, a Nigrán Area, que cumpría a súa oitava edición organizada pola Sociedade Atlética Val Miñor e o Concello de Nigrán. Preto de 700 corredores participaron no evento, repartidos nas categorías Cadete/Sub 16, Infantil/Sub 14, Alevín/Sub 12, Benxamín/Sub 10, Prebenxamín, Pitufos e Absoluta. Todos eles tiveron que completar os diferentes circuítos, que ían desde os 100 ata os 6.000 metros dependendo da categoría, que discorrían entre o porto de Panxón e Praia América, itinerarios chairos sobre a area mollada, xa que se aproveita a marea baixa.

O vencedor absoluto da proba foi o ribadaviense Iván Docampo González, que conseguiu completar o percorrido de 6 km en 19:12. 36 segundos despois cruzaba a liña de meta o gondomareño Brais Misa García, segundo, e pechando o podio, o tudense Emilio Pérez Groba, cun tempo de 20:02. Na categoría feminina, a primeira en completar o circuíto foi a pontevedresa Leticia Fernández Barbosa, en 22:39. A gondomareña Elena Costas Martín foi segunda e Aída Martínez Barja, de Xinzo de Limia, terceira, cun tempo de 24:42 e 24:51 respectivamente. Brais Misa e Elena Costas levaron tamén o trofeo como primeiros clasificados do Val Miñor.

Outorgáronse trofeos aos tres primeiros de cada categoría, tanto feminina como masculina, e medalla conmemorativa do 4º ao 10º nas categorías de Alevín/Sub 12 ata Cadete/Sub 16 e a todos os Pitufos, Prebenxamíns e Benxamíns/Sub 10 ata fin de existencias.

RESULTADOS VIII NIGRÁN AREA

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Anuncios