Anuncios
Ticker de novas

OVALMI denuncia perdas económicas na hostalería de Nigrán por un apagamento eléctrico

Un establecemento hostaleiro en Praia América.

Desde a Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (OVALMI), denuncian que o pasado sábado 4 de agosto entre as 23:30 e as 00:30 horas produciuse un apagamento eléctrico no Concello de Nigrán.

“Isto produciu múltiples perdas económicas para os negocios hostaleiros da localidade, que nesta época reciben o seu maior fluxo de clientela, á que non puideron atender durante o apagamento, mesmo houbo clientes que se foron sen pagar ao non dispoñer de subministración eléctrica para o terminal de cobro con tarxeta”, afirman desde a Asociación nun comunicado.

Os hostaleiros denuncian que veñen sufrindo estes prexuízos periodicamente na época estival, debido ás deficiencias da rede de subministración eléctrica. Os hostaleiros e OVALMI demandan con urxencia á compañía eléctrica a mellora da rede de subministración, para evitar o recorrente colapso do servizo eléctrico nestas datas.

Anuncios