Anuncios
Ticker de novas

Jacobo Martínez e Raúl Pérez Martín, novas fichaxes do Gondomar CF

O Gondomar Club de Fútbol continúa a configurar o equipo de cara á próxima tempada con dous novas fichaxes. Jacobo Martínez, porriñés de 26 anos, chega procedente do Moaña de Preferente. Tamén pasou por equipos como Valadares, San Esteban ou Pontellas. O defensa afirma que “tomei a decisión de firmar no Gondomar xa que é un club con moita historia e cun bo proxecto”. Raúl Pérez Martín, xogador de 22 anos, chega ao equipo procedente do Matamá, tras pasar anteriormente polo Nigrán. Formado nas categorías inferiores do CP Alertanavia, o olívico tamén xogou no Areosa. Nas súas primeiras declaracións afirmou que “chego con moitísima ilusión, e con gañas de facelo ben”.

JACOBO MARTÍNEZ

Anuncios