Atopado un gato cribado a balinazos en Gondomar

Proyecto Gato, unha asociación sen ánimo de lucro que se dedica á recollida e esterilización dos gatos rueiros que residen en Vigo e arredores, vén de denunciar ante as autoridades a situación dun gato recollido na parroquia gondomareña de Morgadáns cribado a balinazos. Piden ademais a colaboración cidadá para localizar ao responsable ou responsables. “Non nos imos a quedar de brazos cruzados”, aseguran.

Segundo sinalan desde a asociación, o animal está en moi mal estado, ten a cadeira e o fémur rotos, está paralítico da parte de atrás, non ve polo ollo dereito, ten unha pancreartitis, líquido no abdome e unha peritonitis. Ten unha sonda para alimentalo, analxesia, antibióticos e pimperán. “Non sabemos se sairá adiante, a pesar de todo agradece con ronroneos calquera mostra de agarimo”.

Calquera que dispoña de calquera información pode contactar a través do correo electrónico apaproyectogato@gmail.com ou no teléfono 670 594 658. Para realizar unha doazón está dispoñible a conta ABANCA: IBAN ES68 2080 5128 0830 4000 5198.

2018-06-20 - 2