Anuncios
Ticker de novas

Nigrán ofrece un campus náutico infantil de vela e piragüismo

O Concello de Nigrán, dentro da súa programación de verán, ofrece a través do Club Náutico de Panxón un campus de vela e piragüismo destinado a nenos de 6 a 16 anos e que se desenvolverá en dúas quendas, do 13 ao 17 de agosto e do 27 ao 31 de agosto. O prazo de inscrición para ambos xa está aberto a través da Oficina de Información Cidadá do Concello de Nigrán (de 9:00 a 14:00 horas) ou a través do mail administracion@clubnauticopanjon.es ou 986368365 (Noelia). O campus desenvolverase de 10:00 a 14:00 horas e ten un custe de 60 € que se deben abonar no número de conta que o propio club facilitará.

Anuncios