Continúa o ciclo “Baiona con Humor” con Javi Sancho e Quique Matilla

Outro verán máis Etiqueta Negra participa en “Baiona con Humor” proporcionando algúns dos cómicos máis representativos do panorama galego e nacional. Nesta ocasión serán Javi Sancho e Quique Matilla os encargados da noite do xoves 9 de agosto, na Praza do Concello ás 23:00 horas.

Cómico e guionista, Javi Sancho é o artista con máis flow do país. En moi pouco tempo plantouse no circuíto nacional de monólogos actuando en multitude de teatros por toda España, en ocasións compartindo escenario cos mellores monologuistas do país.

Quique Matilla dedícase ao humor desde 2002 e percorreu toda España cos seus espectáculos, nos que plasma “o lado máis irónico da vida cotiá”. Actualmente, é presentador e un dos guionistas do programa “Quique en el País de los Vascos”, de ETB 2, e é cómico residente na sala “La Chocita del Loro” de Gran Vía (Madrid) co espectáculo “Si no lo digo reviento”, que pon en escena todos os sábados do ano.

Anuncios