Este venres 21 de xullo terá lugar unha Xornada de Concienciación e Solidariedade coas Refuxiadas en Atenas na Casa Colorida a partir das 20:00 horas, da man de Holes in the borders.
Os asistentes coñecerán este colectivo composto por activistas independentes que traballan dende o empoderamento e apoio ás persoas refuxiadas, onde actualmente en Atenas están desenvolvendo varios proxectos como o infopoint, o billete solidario, a alternativa habitacional entre outras.
A xornada desenvolverase coa presentación do proxecto »Holes In The Border», un faladoiro sobre a campaña »Hands Off SQUATS», cun obradoiro de Conexión Interpersoal, e na praza da Colorida darase a presentación e conversa do grupo de traballo Lgbtqi+ Refugees in Greece, e da Alternativa habitacional mentres acompañarase cun Cenador Popular con Humus, Cuscús e Falafel a prezo libre.
Programación completa en http://www.casacolorida.net.

