Sufocado un incendio nunha leira xunto ao río Miñor

Ás 20:25 horas deste luns declarouse un incendio nunha leira situada na Avda. de Iván Cela, onde termina a parroquia baionesa de Santa Cristina da Ramallosa e comeza a gondomareña de Borreiros, xunto ao Pazo Cadaval e o río Miñor. Segundo informaron desde a Consellería do Medio Rural, as chamas quedaron extinguidas ás 22:24 e arderon un total de 100 metros cadrados de terreo non forestal. A presenza de restos de poda e cascallos complicaron os labores de extinción, nos que participaron membros do GES do Val Miñor, un axente e unha brigada forestal da Xunta de Galicia e dúas motobombas. Ata o lugar tamén se desprazaron axentes da Policía Local.

2018-08-07 - 38531484_2074126502849901_3795885572149477376_o