Anxo Moure & Servando Barreiro e M.J. Pérez actúan este mércores na Carrasca

M.J. Pérez.

O Concello de Nigrán, a través do programa “Vive o Camiño”, ofrece mañá mércores ás 20:00 horas na Praza da Carrasca (Parada) o espectáculo de Anxo Moure e Servando Barreiro e, a continuación, ás 21:00 horas, o concerto de M.J. Pérez. Moure relatará a historia das árbores do camiño co obxectivo de concienciar sobre a importancia de conservar o patrimonio forestal da ruta xacobea, mentres que Servando Barreiro lle poñerá música en directo. M.J. Pérez, unha das voces máis destacadas no panorama galego actual, ofrecerá a continuación un concerto (21:00 horas) onde fusiona distintos estilos musicais co predominio de pop/rock.