
Máis de 20 mozos participaron este domingo no concurso de cucañas marítimas que tradicionalmente se veñen celebrando na Festa da Anunciada desde o pasado século XX, organizadas anualmente pola Concellería de Cultura de Baiona no porto pesqueiro.
O tradicional concurso das cucañas marítimas consiste en deslizarse por un pau previamente engrasado e coller a bandeira que se atopa cravada ao final do mesmo no caso da bandeira especial e 50 cm antes do final, no caso da bandeira normal, establecéndose como premio 10 euros por bandeira normal e 20 por bandeira especial.
Considérase que o concursante colleu a bandeira cando ao caerse á auga sostén a bandeira na súa man e a mostra ao xurado.