Anuncios
Ticker de novas

Concerto de música clásica en Baiona

O Baiverán 2018 ofrece este martes 7 de agosto un concerto de música clásica a cargo do Dúo Rivera, que comezará ás 23:00 horas na Praza do Concello de Baiona. Trátase dun dúo de violín e piano formado polas irmás galegas Raquel e María Luz Rivera que se caracteriza polo seu labor de difusión da música de cámara española e pola súa especial atención ao repertorio contemporáneo, sen esquecer o repertorio clásico xeneral. Desde o ano 2000, e de maneira complementaria ás súas traxectorias individuais, este dúo interpretou obras de autores europeos e españois, en diversos concertos por España, Europa, América e Asia.

Anuncios