Anuncios
Ticker de novas

Baiona homenaxea a Juan Manuel Blach como integrante da Danza das Espadas

FOTO: MIRIAM RODRÍGUEZ // O homenaxeado, pasando polo túnel da Danza das Espadas.

Este domingo celebrouse no Parque da Palma a habitual homenaxe a un ex compoñente da tradicional Danza as Espadas de Baiona. Nesta ocasión, foi recoñecido Juan Manuel Blach Leyenda. Despois da actuación da Escola de Danza Vila de Baiona, acompañada polo grupo de gaitas “A Seneira”, recibiu unha placa conmemorativa da man do alcalde, Ángel Rodal, e do capitán e o rabeiro da Danza das Espadas, Jaime Costas Pereira e José Manuel Míguez. Para finalizar o acto, os integrantes da Danza das Espadas realizaron o tradicional baile, acompañados pola charanga Nova Cubana, especialmente dedicado ao homenaxeado.

Juan Manuel Blach Leyenda

Naceu en Baiona o 4 de agosto de 1946. Mariñeiro de profesión dedicado á pesca do atún, casado e con dous fillos, actualmente xubilado. Dos cinco irmáns, só José Manuel Blach comezou na tradicional Danza das Espadas á idade de 17 anos, introducido por Manolo “O Caruto”. Cando a súa profesión permitíallo non faltaba á cita coa Danza bailando tanto na festividade do Carme, patroa dos mariñeiros, como na da Anunciada, patroa de Baiona.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

 

Anuncios