
A Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA) inicia o segundo período da súa programación anual de espectáculos escénicos e concertos coa actuación que a gaiteira Susana Seivane ofrecerá este sábado, ás 22:00 horas, na Praza de San Bieito de Gondomar. Incluída tamén no programa “Cultura de Verán 2018” organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Gondomar, esta será a primeira das 255 citas culturais que terán lugar entre os meses de agosto e decembro no marco deste circuíto da Xunta, que durante 2018 terá promovido 601 funcións en 39 concellos.