Anuncios
Ticker de novas

Unha vertedura de gasoil no mar obriga a prohibir o baño en Panxón e Praia América

FOTO: PROTECCIÓN CIVIL VAL MIÑOR // Un dos socorristas en Praia América.

Sobre as 13:20 horas deste xoves un particular alertou ao 112 Galicia da presenza dunha mancha que podería ser unha vertedura de gasoil no mar, preto da beira en Praia América, Nigrán. Emerxencias trasladou o aviso a Salvamento Marítimo e a Protección Civil do Val Miñor, que izou a bandeira vermella prohibindo o baño tamén en Panxón.

A principal hipótese é que a mancha proceda dun “sentinazo”, a limpeza dos tanques dun barco. Polo momento acoutouse a área onde está a vertedura e informouse aos bañistas para que se trasladen a outras zonas da praia. No lugar permanecen Protección Civil, que informou que a estas horas xa ondea a bandeira amarela, e unha dotación da Policía Local de Nigrán, ademais dos efectivos de socorrismo de Praia América.

Anuncios