Anuncios
Ticker de novas

Rebentan por segunda vez en menos dun mes o comecartos dunha cafetería de Baiona

A cafetería Coffee Time, situada na zona dos Tendais, en Baiona, amenceu de novo este venres coa máquina comecartos totalmente rebentada. Repetiuse o sucedido o pasado 18 de setembro con idéntico modus operandi.

Segundo pódese ver nas gravacións das cámaras de seguridade, trátase da mesma parella da outra vez. O suceso produciuse á mesma hora, ás 3 e media da madrugada, accedendo ao local tras forzar unha xanela. Nesta ocasión tan só puidéronse levar as moedas.

O 23 de setembro a Garda Civil detiña a dous mozos, veciños da comarca de Baixo Miño, acusados da comisión de dous roubos con forza cometidos en senllas cafeterías de Baiona e outros dous en grao de tentativa en Gondomar e Nigrán.

A Garda Civil investiga o sucedido tras acudirse no local.

Anuncios