A Asociación de Danza Plié de Baiona instalará un posto nas festas da Anunciada para recadar fondos

A Asociación Deportivo Cultural e de Danza Plié de Baiona contará cun posto de venda nas festas da Anunciada. Os días 3, 4, 5 e 6 de agosto venderán camisetas, sudadeiras, complementos e moitas máis cousas no Paseo Ribeira, co obxectivo de sufragar os gastos de inscrición e desprazamentos en concursos de danza nos que participan os seus bailaríns e bailarinas. A Asociación conta na actualidade con 25 nenos e nenas de entre 7 e 16 anos, todos eles do Val Miñor, e busca fondos para bailar nos campionatos de España e do Mundo de danza, xa que se trata duns custos moi elevados.

Anuncios