Últimas prazas para participar na Gladiator Kids en Gondomar

A Concellería de Xuventude e Deportes do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro, informa que aínda quedan prazas para participar este domingo 5 de agosto na Gladiator Kids, unha proba de obstáculos para nenos/as de 3 a 10 anos acompañados dun adulto.

Este formato de actividade familiar que se vai desenvolver no Parque das Ánimas consiste nunha serie de probas adaptadas ás idades que van dirixidas na que non importa quen gañe , senón que o importante é divertirse e compartir en familia unha nova experiencia.

Todos os inscritos deberán recoller o seu dorsal personalizado o día 5 de agosto entre as 17:30 e as 19:30 horas, momento no que comezará a carreira. Todos os participantes recibirán un avituallamento final e unha medalla Finisher.

Os interesados en participar poden inscribirse ata cubrir o límite máximo de 400 prazas (200 nenos/as e 200 adultos), a través da páxina www.championchipnorte.com, ou na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) no 986 369 746.